Instaladores de fiestras de aluminio e PVC en Santiago

En Xagal contamos cun equipo de profesionais cualificados e cunha ampla experiencia no sector de carpintería de aluminio e PVC.

O noso equipo confórmase por profesionais do sector formados en Xagal en base ás técnicas de innovación e tecnoloxía. Contamos con persoal propio da empresa, un equipo propio durante os 365 días do ano.

Como fabricantes e distribuidores de xanelas, en Xagal temos a calidade como norma fundamental á hora de traballar. Garantímosche ademais, a máxima seriedade, un orzamento axustado ás túas necesidades e unha perfecta instalación das túas xanelas.

Calidade

A prestación de cada produto empeza con unha coidadosa selección das materias primas que integran os distintos artigos ofertados por Xagal. A estes materiais súmanselle unha moderna tecnoloxía e un gran equipo humano.

A combinación de todo isto permítenos obter produtos cuns elevados estándares de calidade, o que implica que todos os nosos procesos están perfectamente identificados e controlados.

A calidade, con todo, non termina coa fabricación do produto, a ela hai que engadirlle a posterior execución na obra, fundamental no noso negocio. Os distintos produtos ofrecidos por Xagal están elaborados para adaptarse ás máis altas esixencias requiridas pola construción e responden en calquera circunstancia ás condicións do mercado.

As principais características ofrecidas nos produtos da nosa empresa son:

  • Aislamiento térmico e acústico elevado.
  • Valores de permeabilidade, estanqueidad e resistencia ao vento excepcionais.
  • Estabilidade da cor.
  • Alta resistencia mecánica.
  • Resistencia aos axentes atmosféricos, biolóxicos e químicos.
  • Escaso mantemento e sinxela limpeza.
  • Elevadas posibilidades de apertura e deseño.
  • Superficies con multitude de acabados e cores.

Algúns dos nosos traballos

  • Traballo de Xagal
  • Traballo de Xagal
  • Traballo de Xagal
  • Traballo de Xagal

Produtos de gran calidade e innovación

Os nosos produtos distínguense dos demais, grazas á continua innovación en deseños e tecnoloxía, incorporando continuamente en todos os seus modelos, as novidades máis relevantes do mercado.

Os nosos clientes, esixen que os seus produtos sexan resistentes e fiables durante toda a súa vida útil, por iso en Xagal somos especialistas na realización de traballos de instalación avanzada de xanelas de PVC e aluminio.

Contactar con Xagal

Contamos cunha ampla experiencia en cerramentos e fiestras en PVC e aluminio en Santiago de Compostela. Especialistas en carpinteria PVC e aluminio.

Saber máis

Visita Virtual

Acceder