- Cal é o prezo de cambiar as miñas fiestras? Consegue o mellor prezo en xanelas de PVC e aluminio sen renunciar á calidade con Xagal.
- Qué tipo de fiestras ofrecemos? Ofrecémosche unha ampla variedade de xanelas con diferentes aperturas e especificacións.
- Xanelas de PVC ou ventanas de aluminio? Axudámosche a escoller o tipo de xanela idóneo para ti e para o espazo que desexas renovar.
Especialistas na instalación de carpintería eficiente en Santiago
Dende 2006 sendo a túa carpintería de PVC e aluminio
Contamos cunha ampla e dilatada experiencia en cerramentos e xanelas de máis de 20 anos en Ames, a escasos quilómetros de Santiago de Compostela.
Tras unha constante evolución, estamos especializados na carpintería exterior de PVC e aluminio, tanto para obra nova como para renovación, así como no cerramento de terrazas totalmente acristaladas sen perfilería e de teitos de vidro.
Tamén compoñen a nosa gama de produtos, pasamanos de aluminio anodizado, inox, varandas, portais seccionales, portais de corredera de aluminio soldado...
Confiando no noso persoal especializado e altamente cualificado recibirás un asesoramento totalmente personalizado en deseño e modulación da carpintería que achegará unha solución para cada necesidade.
Traballamos cada día co obxectivo de ofrecer aos nosos clientes un servizo de calidade que satisfaga as súas necesidades e esixencias. Ademais, ofrecemos garantía en todas as xanelas que instalamos polo que dispoñemos de servizo post-venda.

XAGAL
Expertos na instalación de xanelas de PVC e aluminio.
Ofrecémosche resultados de máxima calidade.
Máis de 20 anos sendo un nome de referencia no sector.
Nosas últimas novas

¿Cómo podemos evitar el ruido de viento en las ventanas?

¿Por qué se forman gotas en mis ventanas?

Condensación: qué es y cómo tratarla

¿Entra frío o aire por tus ventanas?

Razones por las que es necesario cambiar las ventanas

5 características que tienen que tener unas buenas ventanas
Cambia as túas fiestras vellas por unhas novas
Necesitas renovar as túas xanelas? Se na túa casa tes problemas de filtracións de auga, condensación, entrada de aire ou problemas de ruído no interior da vivenda que che impiden descansar, chegou a hora de substituír as túas xanelas vellas por unhas novas.
Cambiando as túas xanelas poderás aforrar na túa factura da luz, calefacción e aire acondicionado polo que poderás recuperar o investimento da instalación de xanelas a longo prazo. Pero iso non é todo, xunto co confort e aforro enerxético, cambiar as túas xanelas tamén axuda a revalorizar a túa vivenda, así como a conseguir un plus en estética e deseño.
Aínda non te decides? Contacta cos profesionais de Xagal e solicita máis información. Valoraremos o estado das túas xanelas e axudarémosche a conseguir aquelas que máis se adecuen ao que a túa vivenda necesita.
Servizo post-venda integral durante 2 anos gratis
En Xagal somos profesionais da instalación de xanelas de aluminio e PVC en Santiago, totalmente adaptadas aos gustos e necesidades de cada un dos nosos clientes.
Se estás a pensar en realizar un cambio de xanelas para aforrarche problemas de filtrado, frío ou ruído, aproveita a nosa promoción exclusiva.
Fiestras de aluminio e PVC
Estás a pensar en instalar unhas xanelas novas na túa vivenda?
Elixir o material máis adecuado e que mellor se adapta a ti para instalar as túas fiestras é unha decisión moi importante xa que estarán a che acompañar a diario durante os próximos 40 ou 50 anos.
Por iso, o noso equipo de profesionais asesoraranche e informarán sobre cales son as vantaxes de cada material, tanto aluminio como PVC, para que elixas o que mellor se adapta a ti e ás túas necesidades.
As fiestras de PVC ofrecen un excelente illamento, tanto térmico como acústico, os seus custos de mantemento son moi baixos e poden adaptarse a calquera tipo de espazo e ambiente grazas á variedade de acabados e cores que presentan.
Pola súa banda, as fiestras de aluminio destacan pola súa resistencia aos cambios de temperatura, aos raios do sol e ás inclemencias meteorolóxicas.
Ademais, grazas aos moitos anos de experiencia no sector da instalación de fiestras en Santiago e á alta profesionalidade do noso equipo garantimos que o resultado será o esperado e cumprirá coas expectativas dos clientes máis esixentes.

Instalamos todo tipo de xanelas
En Xagal ofrecemos todo tipo de aperturas de xanelas, dependendo da funcionalidade e da estancia na que vaiamos instalala, xa que queremos dar un servizo integral aos nosos clientes e garantir a comodidade e funcionalidade das súas xanelas. Desta maneira, instalamos xanelas corredeiras, oscilobatentes, batentes, fixas, abatibles, pregables, etc.
Xunto coa adecuación do modelo de xanela, tamén aconsellamos e facilitamos diferentes alternativas en deseños e materiais. Asesorámosche en todo momento para que atopes a mellor opción en xanelas de PVC ou aluminio, tanto a nivel de estilo como de funcionalidade.
Fiestras de PVC e alumino de calidade grazas a grandes marcas
Os nosos clientes opinan sobre as nosas xanelas e cerramentos
Algunhas das nosas xanelas e cerramentos
En Xagal realizamos xanelas de PVC e aluminio, así como cerramentos, totalmente personalizados. Adaptámonos aos materiais e esixencias do cliente.
Contactar con Xagal
En Xagal contamos con ampla experiencia en cerramentos e xanelas en PVC e aluminio en Santiago de Compostela. Destacamos por ser un equipo de especialistas en carpintería de PVC e aluminio.
Se estás a pensar en renovar as túas xanelas ou instalar un cerramento de aluminio, cristal... Connosco atoparás a máxima garantía. Contacta e consegue agora orzamento sen compromiso.